As deficiencias na execución do proxecto provocan os primeiros estragos no paseo do Arenteiro

11, Outubro 2009

As primeiras chuvias intensas do outono, as da pasada semana, causaron considerables estragos en varios treitos do paseo do río Arenteiro, inaugurado fai apenas seis meses. O lamentable estado no que quedou o camiño pode verse en varios lugares, como acontece na zona do Cornuval, no Cuco o nas inmediacións da pasarela metálica, ónde se produciron os danos maiores. A deficitaria recollida das augas pluviais nestas zonas provocou o arrastre de terra nunhos casos, e unha desfeita do camiño noutros, debido a gran cantidade de auga que tivo que soportar nestas zonas de desnivel, nas que non se contemplou debidamente esta circunstancia cando se executou a obra. Ademáis, cando se presentara inicialmente o proxecto, anunciárase que o camiño levaría zahorra, pero finalmente fíxose tan só a base de terra, de maneira que en dias de chuvia o firme ablándase e provoca bastante lama. Mentres, dias atrás iniciaronse as obras de construcción do tramo que restaba para completar este novo paseo do Arenteiro, o que vai desde a ponte de Toscaña atá a antiga depuradora, dunhos 300 mentros de lonxitude. Inicialmente, este treito estaba considerado como refuxio de fauna e no mesmo non estaba previsto actúar, aínda que tras as alegacións presentatadas tanto por veciños da zona como polo Concello Carballiñés, a Confederación Hidrográfica reconsiderou a súa postura e autorizou esta actuación que financia a Consellería de Medio Ambiente. A diferencia do resto do paseo, neste traxecto o camiño faráse a base dunha pasarela de madeira co fin de evitar os humedais existentes nesta zona. Unha vez rematada esta derradeira fase do proxecto, que inclue ademáis unha pasarela peonil sobre o río á altura da piscifactoria, completaráse este paseo perimetral sobre o río Arenteiro, dun percorrido arredor dos seis kilómetros polas dúas beiras.