Demandan que se conxelen as taxas do conservatorio para o vindeiro curso

24, Xuño 2014

Un grupo de pais e nais constituiron unha plataforma de afectados contra a subida das taxas no conservartorio carballliñés, que están contempladas no plan de saneamento.

O alcalde recibíu a unha representación e comunicoulles que por vez primeira aplicaránse tarifas reducidas en relación ao IPREM para favorecer ás familias con rendas máis baixas, polo que varios alumnos pagarán menos que o ano anterior, as familias numerosas terán unha bonificación do 50% e as familias en situación de emerxencias contarán cun desconto de ata o 75%. Marnotes tamén lles mostrou un estudo "no que se comproba que O Carballiño está na mesma liña que o resto de conservatorios de Galicia en canto ao coste da matrícula, coa condición de que O Carballiño ofrece o título homologado e outros conservatorios non", subliñou.

Os argumentos dos responsables municipais non convencen aos pais, contrariados por un aumento das taxas que se sitúa no 20%, o que se traduce en costes de matricula de ata os 540 euros para o grao profesional e 430 euros para o grao elemental. Entenden que con estes prezos está en perigo a continuidade do conservatorio.