Denuncian deficiencias e precariedade laboral nas brigadas municipais de incendios forestais

8, Agosto 2013

Representates de "Anova" da comarca do Carballiño criticaron que "os brigadistas sexan utilizados para limpar cunetas ou campos de festa e incluso en traballos de xardineiría".

Asi o asegurou a voceira desta formación política, María Xesús Canitrot, que ademáis puxo de manifesto que " o persoal contratado tampouco ten preparación para desenvolver a actividade encomendada, e non contan cos medios técnicos que serían precisos". Tamén fixo fincapé na precariedade laboral na que se atopan os brigadistas "que en moitos casos teñen contratos de catro horas e obirgannos a facer xornadas de oito ou máis horas ó dia".

A voceira da formación nacionalista tamén criticou o procedemento seguido para a selección dos brigadistas "xa que se contratou a xente con finalidade electoralista, en base aos posibles votos que poidan conseguir".

Anova lamenta que non se faga un plan forestal integral de prevención e loita contra o lume "e todo sexan remendos, como proba delo é que en pleno mes de agosto aínda haxa concellos que non contan con brigadas ".