Denuncian a falta de mantemento das fosas septicas no concello de Piñor

16, Abril 2018

A "Agrupación Veciños de Piñor" denuncia publicamente e tamén o fará ante o pleno da Corporación  "o estado de abandono e falta de mantemento das fosas septicas da rede de saneamento municipal nas distintas localidades.

E como exemplo visible -acompañan reportaxe fotográfica- poñen a fosa septica no pobo de Piñor, situada "a carón da estrada, que reborda e verte directamente ó camiño xacobeo da Ruta da Prata, ó seu paso por Piñor", algo que consideran lamentable pola mala imaxe que da aos peregrinos, ademáis de constituir "un problema tanto dende o punto de vista medio-ambiental como de saúde pública", subliñan.

"Veciños de Piñor", que conta con dous representantes na corporación piñorense, trasladará este asunto ao próximo pleno do concello "solicitando un informe e inmediata revisión de todas as fosas septicas existentes no municipio".