Denuncian o estado de abandono do camiño dos arrieiros, un roteiro no que investíronse 1,5 millóns de euros

9, Marzo 2020

Sinais caídas sobre o solo, e tramos que se fan practicamente intransitables ou transitables con moitas dificultades, con árbores caídas sobre os sendeiros, cando non a maleza e o deterioro debido a falla de mantemento, éste é o estado no que se encontra este roteiro natural que percorre polas parroquias carballliñesas do Varón e Partovia.

O Ministerio de Medio Ambiente investira neste proxecto 1,5 millóns de euros sendo a titular do Ministerio a ourensana Elena Espinosa, no ano 2008, e con Carlos Montes na alcaldía do Carballiño.

Usuarios deste roteiro natural fixeron chegar a esta emisora de radio as súas críticas polo estado de abandono e deixadez no que se encontra, e piden aos responsables municipais do Carballiño que presten atención para un recurso natural e turístico totalmente infravalorado.