Depor, Lugo, Celta-B, Ponferradina e Leonesa únicos rivais fixos para o Arenteiro na Primeira RFEF, pendiente dunha división de grupos Norte/Sur ou Este/Oeste
A nova categoria na que a próxima tempada competirá o Arenteiro, a 1ª RFEF, está integrada por 40 equipos divididos en 2 grupos repartidos por toda a xeografía española e tendo en conta criterios de próximidade xeográfica, en poucos dias a Federación presentará aos clubes as propostas dese reparto e decidiráse a súa composición mediante votación dos propios clubes.
Desde a creación da categoria optouse por unha división este/oeste da península, e os equipos galegos quedaban encadrados no grupo 1 xunto a castelán-leoneses, madrileños, extremeños, andaluces e Ceuta. Pero cara a próxima tempada o notable incremento de equipos andaluces -serán 9 en total- fai que gañe moito peso na decisión final, e todo apunta a que se optará pola opción norte/sur.
Está claro que calquera que sexa a decisión, o Arenteiro terá como rivais seguros a Deportivo, Lugo, Celta-B, Ponferradina e Leonesa, e incluso Unionistas de Salamanca. E apostando pola división norte/sur, ao Arenteiro tamén lle correspondería xogar con Logroñés, Osasuna Promesas de Pamplona, Real Sociedad B de San Sebastián, Sestao, Real Union de Irún, Teruel, Tarazona, FC Barcelona-B, Sabadell, Cornellá e Nastic de Tarragona. Teríase que completar o grupo con 2 equipos madrileños, que terián que sair entre Real Madrid Castilla, Alcorcón, At. Madrid B, Fuenlabrada e Rayo Majadahonda.
No caso de optarse pola división oeste/este, o Arenteiro viaxaría a Extremadura, onde competirá un único equipo -Mérida- e Andalucía, cun total de 9 equipos entre eles os potentes Córdoba e Málaga.
Ademáis, quedarían como posibles comodíns para cadrar ambos grupos, o Ibiza, At. Baleares de Mallorca, Ceuta e Melilla. A resposta a todas estas interrogantes a finais deste mes de xuño.