A Deputación acorda subvencións para obras e servizos nos concellos de Beariz, Avión e Punxín, por importe de 127.000 euros

18, Abril 2022

A xunta de goberno da Deputación acordou na súa reunión deste lúns 18 de abril conceder unha subvención de 61.000 euros para o concello de Beariz para contribuir ás obras de reforma no centro de saúde desta localidade.

Tamén dentro deste mesmo capítulo en materia de cooperación cos concellos, a entidade provincial aprobou unha achega económica por importe de 48.000 euros para o concello de Avión, neste caso para financiar a reparación do firme do vial que comunica as localidades de Espiñeiro e Vilariño.

Finalmente, tamén nesta xunta de goberno telemática presidida por Manuel Baltar, a Deputación acordou unha subvención de 18.000 euros a favor do concello de Punxín, como aportación ao servizo de arquitectura municipal deste concello.