A Deputación aproba obras de pavimentación de ruas e mellora do abastecento de auga en Cea, e pon en marcha a expropiación de terreos para o cemiterio municipal de Beariz

21, Febreiro 2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou inicialmente na reunión celebrada esta mañá o proxecto de expropiación da obra de construción do cemiterio no municipio de Beariz, así como a apertura dun período dun información pública polo prazo dun mes.

Así o informou o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, portavoz da Xunta de Goberno, quen deu conta hoxe dos acordos adoptados pola dita Xunta, correspondentes ao xoves 21 de febreiro de 2019.

Na reunión aprobouse tamén a modificación do Plan provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2019 relativa ás obras municipais de San Cristovo de Cea.

Por un lado, incorpora ao plan principal a obra "pavimentación e reposición do abastecemento na rúa Forno do Roxón en Cea", cun orzamento total de 48.000 euros, sendo a achega da Deputación de 24.000 euros.

E, por outro lado, incorpora ao plan principal a obra "pavimentación nas rúas Forno do Santo e Pasaxe San Lourenzo en Cea", cun orzamento tamén de 48.000 euros, sendo a axuda da Deputación de Ourense de 24.000 euros.