A Deputación colaborará económicamnte coa canle ictoxenética de troitas autóctonas, reposición da cuberta da Igrexa de Mesego e asentos para o graderío de Espiñedo. O Partido Popular destaca a implicación da entidade provincial co Carballiño

20, Abril 2018

Son tres actuacións que se incluirán no expediente de modificación orzamentaria da Deputación de Ourense, tan so pendente da  súa aprobación no pleno da entida provincial previsto para o vindeiro dia 27 deste mes de abril.

O río Arenteiro e a Sociedade de Pescadores poderán contar cun novo equipamento, como é unha canle ictoxenética de troitas, un proxecto no que veñen traballando na Sociedade de Pesca Deportiva, e que estaba parado por falta de financiación. Agora recibirá un importante impulso, cunha aportación de 48.000 euros da Deputación de Ourense.

Na parroquia de Mesego, a Igrexa de Santa María sufríu recentemente importantes danos na súa cuberta que amenzan a integridade do patrimonio e mesmo a seguridade das persoas que acuden a ela. A obra ten un coste de 48.000 euros, dos que a Deputación achegará 24.000.

Tamén se incluirá nesta modificación orzamentaría da Deputación unha achega económica ao concello carballiñés por importe de 13.000 euros, para a instalación de asentos no Estadio de Espiñedo, unha actuación que fora comprometida polo presidente Manuel Baltar fai apenas unhos meses atrás na súa a visita a estas instalacións tras a reforma feita nos vestiarios, unha obra que tamén asumira integramente a Deputación Provincial cunha achega económica de 60.000 euros.

Dende o grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño manifestan que "estas actuacións son unicamente méirto, tanto da Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, como da Asociación de Veciños de Mesego e a directiva de CD Arenteiro, xa que o único que se fixo dende o PP do Carballiño foi trasladar estas inquietudes ao goberno provincial, onde foron perfectamente atendidas".