Deputación e Concello promoven a reciclaxe de vidro entre a hostalaría carballiñesa

13, Setembro 2012

Un cubo adaptado aos 50 establecementos que participan na iniciativa e colectores de rúa con boca específica para a hostalaría son as novidades desta campaña que  ponse en marcha no Carballiño en colaboración coa asociación "Ecovidrio".

No acto de presentación da campaña, o Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, cualificou o Medio Ambiente como unha prioridade na xestión que desenvolve a institución provincial "a prol da mellora de servizos para os cidadáns e os concellos" e salientou como a Deputación "fai especial fincapé na xestión das augas e os residuos porque a protección do noso medio natural é clave para sermos competitivos e xerar emprego e benestar na poboación".

O Alcalde do Carballiño subliñou como "a recollida do lixo ten experimentado unha gran melloría desde que delegamos o servizo na Deputación, como creo que recoñece toda a veciñanza". Marnotes destacou, asemade, este tipo de campañas "que teñen como obxetivo sensiblizar á poboación da necesidade de impulsar a reciclaxe, neste caso do vidro nos establecementos hostaleiros do municipio".

Germán Rodríguez, xerente de zona de "Ecovidrio" referíuse aos aceptables datos que se rexistraron no último ano no municipio do Carballiño "cun total de 180.140 kilos de vidro, o que siñifica que cada cidadán reciclu unha media de 12,7 kilos de vidro en 2011", unhos datos que se pretende agora mellorar con esta nova campaña dirixida á hostalaría local.