Deputación e Concello supervisan obras feitas no municipio

5, Xuño 2018

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o concello de san Amaro, onde se reuniu co alcalde do municipio, Ernesto Pérez, e membros do equipo de goberno local.

Os representantes municipais e mailo mandatario provincial visitaron diversos proxectos desenvolvidos conxuntamente, froito da cooperación entre o goberno provincial e o concello de San Amaro, relativos ao ámbito das infraestruturas.

Na reunión valorouse moi positivamente o Plan de Empregabilidade e analizáronse novas actuacións para levar a cabo no municipio.