A derrota ante o Valadares funde ao Arenteiro na clasificación

28, Outubro 2012

Os carballiñeses non levantan cabeza e caen novamente derrotados en Espiñedo, desta vez ante o Valadares Vigués, aínda que nesta ocasión o Arenteiro mereceu algo máis, pero non tivo sorte ante a portería visitante.

C.D. Arenteiro: Pachy; Cote, Escudero, Dabarca, Pana (Iago), Gabriel, Bardelás (Cristián), Dacosta, Kennedy, Soares e Marcos Sotelo (Tazos).

Goles:

0-1: Minuto 77. Corner sobre a portería local e os carballiñeses repiten o mesmo erro que no partido anterior ante a A.D. Atios, ninguén cubre o primeiro pau e por alí entra un dianteiro do Valladares que remata un balón que Pachy non pode evitar que entre na portería.

Comentario: Unha pena que outra xogada de estratexia se leve os 3 puntos de Espiñedo, unha derrota que non se mereceu esta tarde o Arenteiro. Na primeira metade o Valadares dominou territorialmente, aínda que a única ocasión de gol foi para o Arenteiro tras cabecear Soares dentro da área e salvar Adrián. Na segunda metade os carballiñeses xogaron máis que o rival, tras o gol do Valadares, Kennedy pudo empatar o partido, pero o seu remate de cabeza salvouno prodixiosamente o meta visitante Adrián.

O PARTIDO EN LALÍN XOGASE O XOVES ÁS 16:30 HORAS

O encontro de liga que dezanos e carballiñeses desputan correspondente á 11ª xornada de liga adiantase ao xoves dia 1 de Novembro, festividade de Todos os Santos, o partido xogaráse no Miguel Anxo Cortizo e comezará ás 4,30 da tarde.

Os carballiñeses recuperan para este partido aos sancionados polas expulsións de O Grove, Xurxo, Prada e Cancelas.

O partido de Lalín presentase como un importante test para os carballiñeses, necesitados con urxencia de sumar puntos para sair canto antes dos postos de descenso. Enfronte terá a un Lalín que vive tamén horas baixas, polo que será unha boa oportunidade para puntuar por parte dos carballiñeses.