Derrota do Arenteiro ante o Ourense nun partido que non mereceu perder

17, Febreiro 2018

O Arenteiro repetíu ante o Ourense CF a película dos últimos partidos, xoga tanto ou máis que o rival, incluso é manifestamente superior,  traballa e crea ocasións, pero perde o partido.

A numerosa parroquia verde, que volveu encher o graderío de Espiñedo, saíu con sensación de impotencia, a mesma sensación que podía verse nos rostros dos xogadores do Arenteiro ao abandonar o terreo de xogo, o fútbol está sendo inxusto con este equipo, e por eso esta derrota, como a de fai unha semana en Noia, son das que fan dano, por inxustas.

Porque visto o visto no terreo de xogo de Espiñedo esta tarde o máis lóxico houbese sido que o Arenteiro, moi superior ao Ourense durante toda a primeira parte, fose ao descanso cun par de goles ao seu favor e non co 0-0 ao remate dos 45 primeiros minutos.

Na sgunda metade o Ourense quedaba  con 10 por expulsión de Renán, e parecía que as opcións de victoria para o Arenteiro serían maiores. Manel Vázquez sacaba do campo a Maxi e daba entrada a Igor para ir definitivamente polo partido, e chegou o gol do Ourense, nunha xogada na que o dianteiro ourensano lévase claramente o balón coa man, pero o árbitro non o ve, o balón vai o pau e o rexeite vaille aos pes de Victor Gallego para marcar o único gol do partido.

Tras unhos minutos nos que o Arenteiro acusa o gol, volven irse en pos do empate os verdes, pero sen claridade nos metros finais, 

E para colmo de males, Brais Vidal tiña que abandonar o terreo de xogo lesionado  probablemente de importancia, e Abdil, con doble cartón amarelo, perderáse o próximo partido en Negreira.

Podes ver a ficha do partido no seguinte enlace :http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...