Desfile de carrozas, xantar, xogos populares, troulada folk e festival coral, na XXII Festa da Vendima

26, Agosto 2011

As previsións apuntan a que se acade un novo record de participación no concurso de carrozas, a seña de identidade desta Festa da Vendima de Leiro, según avanzou Ramón Alvarez, portavoz do comité organizador, no programa "Asi son as mañás de Cope", que se emitíu desde a casa do Concello de Leiro, "vaise superar o número de carrozas do ano pasado, esperamos máis de 20 carrozas, a maioria chegarán desde as distintas parroquias do concello de Leiro, aínda que tamén agardamos a presencia de carrozas procedentes doutros concellos, como os de Carballeda de Avia, Boborás ou San Amaro". O gran desfile de carrozas e charangas, as 12,30 horas,  volverá ser o momento culminante do programa para este domingo dia 28 de agosto, aínda que as actividades iránse sucedendo durante toda a xornada, desde as 10 da mañá, cando se abra a recepción para o concurso de acios e se inaugure unha nova edición do mercado artesanal, no paseo fluvial, que permanecerá aberto durante todo o dia.

O pregón correrá a cargo da Conselleira de traballo e benestar, Beatriz Mato, as 12 do mediodia na praza do Cruceiro. Tralo gran desfile de carrozas e charangas, será o xantar popular no parque do Salgueiral, ofrecendose un menú a base de empanada, polbo á feira, carne ó caldeiro, viños do Ribeiro, postres e licores, ao prezo de 23 euros.

Xa pola tarde, chegarán as novidades na programación deste ano. Desde as cinco en adiante, un concurso de xogos populares, entre os que se incluirán algunhos relacionados coa vendima e O Ribeiro, como unha carreira de aros de cubas e unha carreira de relevos con culeiros, e outros máis tradicionais como  a chave, bolos, zancos, a rá, os trompos ou as carreiras de sacos. Desde as 7 da tarde, tamén organizado pola Asociación Cultural Taparraná de Leiro, terá lugar a "Troulada Folk do Ribeiro", coa actuación dos grupos Varacuncas, Beira do Avia, A pé de Cuba, Flor de Toxo, Os Serandeiros e As Piconas.

O Programa completaráse a partir das 9 da noitiña co xa tradicional "Festival de Canto Coral Vendima do Ribeiro", na Igrexa Parroquial de San Pedro de Leiro, onde actuarán os anfitrións da Coral Val do Avia, e como coral invitada "Voces del Alba", de La Robla - León.