Destilería Paniagua culmina a renovación da súa planta no Polígono Industrial do Carballiño

9, Xullo 2020

A empresa Paniagua, unha familia carballiñesa de artesanos licoreiros desde o ano 1878, acaba de culminar a renovación da súa planta de fabricación no polígono industrial do Carballiño. Son 3.400 metros cadrados nos que se elaboran medio centenar de produtos, entre augardentes, licores, cremas, viños, vermús e xenebra, e cuxa producción anual supera os dous millóns de litros, coa previsión de acadar os tres millóns o próximo ano. De feito, íanse acadar neste ano 2020, pero a crise provocada pola pandemia do covid 19 retrasou un ano este obxectivo.

A empresa Paniagua, que conta cunha plantilla de trinta traballadores e traballadoras, atópase nun momento de emprendemento de novas iniciativas, como unha colaboración con schwepps para introducir no mercado e promocionar dous combinados, un de vermú con tónica, e outro de xenebra con tónica; ou montar unha nova planta destiladora, para a que xa conta cun terreo anexo á súa planta no polígono industrial, de máis de 6.000 metros cadrados.

Os augardentes, licores, cremas, viños, vermús e xenebra de mazá, que elabora a empresa Paniagua e que comercializa con diversos nomes, atópanse entre a gama media-alta do mercado deste tipo de bebidas. Incluso moitos destes produtos enmárcanse na categoría “premium”. Tanto é así, que incluso o vermú blanco “Povarelo” foi considerado nunha cata realizada en Cataluña como un dos cinco mellores vermús españoles.

Oruxo de augardente, licor de herbas, licor de café, crema de licor, licor tostado, licor de wiski, limonciño, crema de arroz con leite, crema de tarta de améndoa e crema de chocolate branco son algunhas das referencias de licores que comercializa a empresa coa marca “Paniagua”. Os vermús levan a marca “Povarelo”

E en xenebra premium, comercializa unha denominada “The Tinkle Apple Gin”, que se elabora con enebro, mazá verde de A Estrada e auga de manantial do Paraño; e outra de corte clásido denominada “The Tinkle Dry Gin”.

Os produtos da empresa Paniagua comercialízanse por toda España, fundamentalmente, nas capitais, e na actualidade promoven iniciativas para poder introducirse en determinados mercados internacionais.

A empresa presentou hoxe as novas instalacións nun acto ao que asistiron o xerente da empresa, Rodrigo Paniagua; o responsable de desenvolvemento de produto da empresa, José Manuel Novoa; o alcade do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo, Industria e Emprego, Manuel Dacal, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Manuel Dacal amosou o seu orgullo por contar no Carballiño cunha empresa familiar e centenaria con tanta proxección exterior, e con moitas ideas novas para incrementar a súa cota de mercado. Tamén valorou moi positivamente que dea traballo actualmente a unhas trinta persoas.
Rodrigo Paniagua destacou a traxectoria histórica da empresa, que cumpre o 133 aniversario como empresa familiar dedicada á elaboración de licores artesanais, e que actualmente ten unha producción de máis de 2 millóns de litros e pronto acadará os 3 millóns de litros. E amosou o seu orgullo por continuar esta tradición familiar.

José Manuel Novoa comentou os cambios suscitados na empresa desde fai catro anos coa elaboración de produtos con valor engadido. Así, pasouse de fabricar licor café e augardentes, a ofrecer unha ampla gama de cremas, licores, vermú e xenebra, así como viños das denominacións de orixe Ribeiro, Albariño e Ribeira Sacra.

Está previsto organizar en próximas datas, xunto coa hostalería do Carballiño, unha ruta vermú, dun xeito semellante a como se realiza coa ruta das tapas.