Detido un veciño do Carballiño como presunto autor dun delito de violencia de xénero

7, Maio 2020

Un veciño do Carballiño, un home de 73 anos de idade, foi detido na tarde deste pasado mércores pola Garda Civil, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, hoxe estaba previsto que pasase a disposición xudicial.

Tanto o presunto agresor como a muller foron trasladados ao centro de saúde do Carballiño, para ser sometidos a recoñecemento médico, tal como se fixa no protocolo que siguen as forzas de órden púbico para os casos de violencia de xénero.

No operativo, ademáis da Garda Civil, tamén participou a Policia Local do Carballiño.