Dia 11 de Xullo: O Carballiño (+4) alcanza os 35 contaxios activos. Tamén aparecen novos casos de coronavirus en Avión, Maside e O Irixo.

11, Xullo 2021

A actualización de datos feita polo Sergas neste domingo dia 11 de Xullo incrementa en 4 os contaxios activos no municipio do Carballiño, polo que os contaxios activos soben ata os 35 casos..

Tamén se diagnosticaron novos contaxios en Maside e O Irixo, 1 caso -respectivamente en cada concello- polo que son 2 os contaxios activos tanto en Maside como no Irixo. Beariz continúa con 2 contaxios activos, Piñor con 3, e Boborás con 1.

O concello de Avión rexistra un novo contaxio nas útlimas horas, o que eleva o número total en Avión aos 7 casos activos. No resto dos concellos ribeiráns non se observan variacións, agás no concello de Ribadavia, que rexistra un incremeto de 2 novos contaxios e alcanza os 32.