A Directora Xeral da Garda Civil visita o Posto Principal do Carballiño para coñecer "o dia a dia" da actividade da institución na comarca

2, Febreiro 2023

A directora xeral da Garda Civil, Maria Gámez, visitou o Posto Principal do Carballiño, coa finalidade de entrevistarse con mandos e axentes, coñecendo os cometidos que realizan e cómo se desenvolve a súa actividade no día a día na comarca do Carballiño, a súa estructura, organización e problemática da Garda Civil que, ademáis do Carballiño, mantén as competencias de seguridade cidadán noutros concellos da comarca.

O Posto Principal da Garda Civil do Carballiño está ao mando dun Capitán, conta con máis de 35 efectivos dedicados á seguridade cidadán no municipio do Carballiño, e tamén cubre este mesmo servizo nos concellos de San Amaro, Punxín, Maside, O Irixo e Boborás. Ademáis, a Garda Civil tamén ten no Carballiño unha unidade de armas e explosivos, unha patrulla do SEPRONA e un destacamento de seguridade nos Xulgados do Carballiño.