Do 27 de xuño ao 1 de xullo terá lugar a 3ª edición do Deporcampus Terras de Maside

29, Maio 2022

O Campo de fútbol do Outeiro Grande de Maside acollerá a terceira edición desta escola futbolística de verán, que terá lugar do 27 de xuño ao 1 de xullo de 2022, para nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos de idade.

Trátase dunha actividade organizada pola Fundación RCDeportivo, coa colaboración das Escolas Deportivas Terras de Maside e o concello de Maside. Para máis información, tamén para formalizar a inscrición, podes acceder a este enlace: http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/terrasmaside-2022/inicio