Dous accidentes de tráfico, un deles con feridos graves nun mesmo punto da AG-53 á altura do municipio de Punxín

22, Febreiro 2020

O primeiro dos accidentes rexistrábase ás 7:30 horas da mañá deste sábado cando un tráiler saíuse da via e remotou envorcado contra a mediana da Autovia de Santiago, no quilómetro 81 á altura do municipio de Punxín, nas inmediacións do viaducto do Viiñao. Non houbo que lamentar danos personais

A conscecuencia do accidente, o vehículo ardeu parcialmente ata que os Bombeiros do Carballiño conseguiron apagar as lapas, aínda que o fume dificultou a circulación nese tramo da autovía, logo restableceuse a normalidade.

Para os traballos de retirada do tráiler solicitouse a intervención dun camión-guindastre, contra él colidoron dous turismos ás 12:15 horas.

Neste segundo accidente, unha das persoas quedou atrapada no interior do vehículo, á que tieveron que excarcerar os Bombeiros do Carballiño.

Debido á gravidade das lesións sufridas por esta persoa, o equipo sanitario mobilizou á aeronave medicalizada con base no Complexo Hospitalario de Ourense, a onde foi trasladadas dúas perosas involucradas nese segundo accidente.

A Garda Civil de Tráfico montou un operativo desviando o tráfico da autovía en dirección Ourense á altura do enlace de Maside, a través da estrada nacional 541.