Dous individuos encapuchados agreden, atan e amordazan a unha veciña da Granxa de Seoane, coa intención de roubar na súa vivenda

4, Novembro 2011

Os feitos aconteceron pola mañá na localidade da Granxa, na carballiñesa parroquia de Seoane, dous individuos encapuchados accederon ao interior da vivenda de Dolores Bernárdez Rodríguez, de 69 anos de idade,  obligarona a subir á planta de arriba da casa  e -según manifestaciós da propia víctima a esta emisora de radio- a punta de pistola, agredirona, e tras amordazala, procederon a atála a unha silla da cociña. Posteriormente, os  individuos forzaron cunha radial unha caixa forte, que estaba baleira, sen xoias nin diñeiro, apropiandose unicamente dun teléfono móbil e dous reloxios

A victima permaneceu atada atá que unha veciña advertíu que as portas da casa estaban abertas, extrañada por esta circustancia, e tras chamar varias veces e non obter resposta, decidíu entrar na vivenda, atopandose coa muller atada e amordazada. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Garda Civil do Carballiño, que investiga o suceso.