Dúas novas sentenzas do Xulgado nº 2 do Carballiño condenan a Novagalicia a devolver o diñeiro aos preferentistas

17, Abril 2013

Declaran a nulidade dos contratos e condenan á entidade bancaria á devolución íntegra do diñeiro.

Os afectados mantiveron que foron enganados facéndolles ver que "tratábase dunha imposición a prazo fixo, sen máis, e que poderían retirar o diñeiro cando quixeran", polo que investiron parte importante dos seus aforros en participacións preferentes e obrigacións subordinadas.

Con estas dúas sentenzas que agora veñen de coñecerse, e outra anterior no pasado mes de marzo, son xa tres as familias carballiñesas que recuperan o seu diñeiro por medio da vía xudicial.