E qué facer esta fin de semana na comarca ? Cine, teatro, exposicións, xantar, festa dos cogumelos e fútbol, na axenda da fin de semana.

3, Novembro 2023

CINE. O Cine-Club Carballiño proxecta este venres a película "El maestro jardinero", dirixida polo cineasta Paul Schrader. Auditorio municipal, venres 3 ás 20:00 e 22:30 horas. No Novocine de Leiro dúas películas para estes dias "Trolis 3" (16:00 horas) e "Los asesinos de la luna" (17:45 e 21:15 horas)

TEATRO. A concelleria de cultura do concello carballiñés en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais presenta a "Teatro dos Vieiros" cun espectáculo de teatro infantil, con música en directo e narración oral, con Xoán Curiel e Charo Pita (Auditorio municipal, sábado ás 18:00 horas). Ademáis, Tiruleque Teatro clausura a Mostra de Teatro Amador coa compañía de A Coruña "Ditirambo Teatro" e a súa obra "Apuntamento para un magnicidio" (Domingo 5 ás 20:00 h. no auditorio".

XANTAR. O salón gastrómico de Expourense terá representación do Xeodestino turístico do Ribeiro-O Carballiño, ata o próximo domingo.

FESTA DOS COGOMELOS.  O pavillón de deportes de Soutelo de Montes acolle a XIX Festa dos cogomelos o domingo dia 5, con menú degustación, exposicións, concursos e actuacións musicais.

ARENTEIRO FOTOGRÁFICO. A  asociación O Potiños inaugura este sábado novas exposcións tanto individuais como colectivas no local de Evaristo Vaamonde 26, entre elas a expo colectiva "Pulpeiras do Carballiño".

FÚTBOL. O Arenteiro recibe en Espiñedo ao equipo madrileño do Fuenlabrada en partido de liga da Primeira RFEF (Sábado 4, ás 19:00 horas)