École, Estanco nº 5 e La Moderna, premiados no concurso navideño de escaparates

22, Decembro 2020

Un ano máis o Concello do Carballiño fixo entrega dos diplomas aos gañadores do concurso de escaparates de Nadal. O xurado valorou a calidade e a gran competencia do comercio local carballiñés, sendo un resultado que se resolveu dunha forma moi axustada.

A tenda de calzado infantil École foi a que levou o primeiro premio na súa primeira participación neste certame de Nadal. O Estanco n°5 da rúa Venezuela logrou o segundo premio e a mercería La Moderna o terceiro.

O concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, achegaba os parabéns aos participantes e recordaba "a importancia que ten o consumo no comercio local nunhas circunstancias tan especiais como as que estamos a vivir".