"Elsa" chegou de madrugada e provocou un carrusel de incidencias: árbores caídas, cortes no suministro eléctrico de longa duración, e danos en vivendas

19, Decembro 2019

O temporal de choiva e fortes ventos,nalgunhas zonas tamén de treboada, provocou numerosas incidencias na comarca, aínda que non hai que lamentar vitimas entre a poboación e tan so danos materiais e diversas incomodidades.

Na fotografía pode apreciarse os estragos que "Elsa" deixou no campo da festa de San Fiz de Navio, no concello de San Amaro, onde derrubou cinco árbores de gran tamaño.

A rede viaria secundaria comarcal víuse salpicada de numerosas caídas de árbores, que dificultaron a circulación de vehículos ata que os Servizos de Emerxencias foron facendo o seu traballo.

No concello de Boborás, un dos máis afectados, a practica totalidade das localidades quedaronse sen suministro eléctrico sobre as 3 da madrugada, e non se recuperou a normalidade ata primeira hora da tarde, afectando aos servizos e oficinas muncicipais, centro de saúde ou o colexio da localidade.

A fortaleza do vento levantou parte do tellado do centro social de Cameixa, e tamén resultaron afectadas varias casas na zona de montaña deste mesmo concello.

Mesmo no casco urbano do Carballiño tamén foron visibles os efectos de "Elsa" con colectores da recollida do lixo envorcados ou desplazados varios metros. Na rúa Serra Martiñá os Servizos de Emerxencias tiveron que auxiliar a un conductor que quedou co seu vehículo atrapado pola auga que anegaba este vial.

Os cortes na submisntración eléctrica foron xeralizados en todos os concellos, nalgunhos como en Avión, tampouco se pudo recuperar o servizo ata primeiras horas desta tarde de xoves. Neste mesmo concello está cortada a estrada que comunica Mouriscados con Oroso, a altura de Mangoeiro.