Emilio Carballeda en Cope: "a débeda municipal é superior á anunciada polo Alcalde, porque non falou dos 3,9 millóns aos bancos"

26, Setembro 2011

O Concelleiro de Facenda do Carballiño, Emilio Carballeda, asegurou hoxe que a débeda que ten contraida o Concello do Carballiño cos bancos ascende a 3,9 millóns de euros, asi o desvelou no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio "alguén decía que tiñamos que ensinar as facturas, pois están todas recoñecidas por intervención, son facturas aprobadas e suman 11,5 millóns de euros, pero o Alcalde quedouse corto, porque non dixo o que se lle debía aos bancos, a dia de hoxe son 3.910.000 euros".

Carballeda detallou que se trata de operacións crediticias a longo prazo, nalgunhos casos a 20 anos "que supón unha amortización constante para o concello", tamén aclarou que a situación económica e financiera do concello do carballiño "comezou a acelerarse a partir do ano 2.000, é entón cando comezan a pedirse préstamos a 20 anos, que non sabemos quén acabará de pagalos". O Concelleiro de facenda ratificou que as facturas sen pagar por importe de 11,5 millóns de euros remontanse aos últimos 20 anos, xa que "no ano 1991 as facturas que había pendientes de pago sumaban 14.447 euros".

Emilio Carballeda amosou a súa sopresa ante as manifestacións dos socialistas, tras afirmar por medio do concelleiro Manolo Dacal que deixaran un remanente de tesoureiría de preto de 2 millóns de euros, o concelleiro do Partido Popular preguntouse entón por qué non se pagaron facturas, e tamén "por qué motivo o dia 25 de maio -3 dias despois das elección municipais- se aprobou unha operación a corto prazo por importe de 1,2 miilóns de euros que vence o dia 31 de decembro de este ano, cando todos sabemos que foi para pagar as nóminas de maio, seguridade social e atender pagos urxentes". O responsable da facenda municipal carballiñesa manifestou que "o único que nos atopamos foi diñeiro virtual e cobros sen facer".

En relación a débeda con Unión Fenosa e Gas Natural, Carballeda desvelou que nos últimos dias chegouse a un acordo con ambas empresas para o pago da débeda que o concello mantén coas mesmas e por un importe a dia de hoxe por enriba dos 500.000 euros " faráse o pago coa factura mensual, e durante os 2 próximos anos, ese foi o acordo o que chegamos". En canto a débeda a Aquagest, o concelleiro dixo que "é certo que non solo nos lle debemos, xa que diñeiro que ingresou o concello e debía ser para Aquagest, destinouse nos últimos anos a outros fines, pero tamén é certo que a súa vez Aquagest tamén lle debe ao Concello, eso todo hai que aclaralo agora coa auditoria que se está facendo".

Tanto o Concelleiro de Facenda como o Portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Martín Nogueira, que participou con Carballeda nesta intervención radiofónica, recalcaron "que de ningunha maneira se trata de alarmar á poboación como se nos acusou, senón de cumplir co noso programa electoral e contar a todos os veciños cál é a situación na que éstá o Concello do Carballiño, e estámolo cumplindo".