Empate en Ponteareas do Arenteiro, novo líder da Preferente

12, Outubro 2016

Os verdes lograron puntuar na súa visita ao campo do Cultural Areas, nunha boa tarde de fútbol con dúas partes bastante diferenciadas, a primeira con máis empuxe do equipo local e a segunda na que o Arenteiro foi dono e señor do partido. Ao final, empate sen goles.

A primeira media hora foi de dominio absoluto dos locais, que despois foron perdendo fuelle para dar paso no último cuarto desta primeira parte a un encontro xa máis igualado, incluso cunha boa ocasión de gol para o Arenteiro nun disparo que enviou Rubén Arce e que salvou in extremis de cabeza un defensor cando xa se colaba o balón na portería local.

Tralo paso por vestiarios o partido cambeou radicalmente, e pasou a ser o Arenteiro o que colleu o mando para levar unha e outra vez o perigo á portería da Cultural Areas, pero non souberon os verdes aprobeitar o seu dominio territorial.

Un punto que pode darse por bo porque se conseguíu en campo contrario e ante un bo equipo como a Cultural Areas, plagado de xogadores portugueses, non exentos de boa técnica. Ademáis, un punto que vale ao Arenteiro para colocarse como líder en solitario neste campionato de liga, tras oito xornadas desputadas.

No Arenteiro sairon de inicio: Israel, Vilachá, Maxi, Arbo, Saúl, Adrián Padrón, Cuquejo, Dani Chimpin, Rubén Arce, Varandela e Carlos de Dios. Tamèn xogaron Alberto, Bardelás, Ivàn Portos e Esteban.

O  vindeiro domingo dia 16 o Arenteiro regresa a Espiñedo para enfrontarse dende as 5 da tarde ao Mondaríz.