Empate a un gol en Espiñedo ante o Teruel dun Arenteiro que chega aos 30 puntos na clasificación da 1ª RFEF.

27, Xaneiro 2024

A primeira visita da historia do Teruel a O Carballiño sáldase con reparto de puntos nun partido no que o Arenteiro non estivo tan fino nin o nivel co que cos ten acostumados, sobre todo na segunda parte, cando os aragoneses empataron á saida dun córner o gol co que Pibe adiantara ao Arenteiro de libre directo na primeira parte.

Con este resultado, e sexan cales sexan o resto de resultados desta xornada 21 do campionato de liga na Primeira RFEF, o Arenteiro seguirá oitavo na táboa clasificatoria e cun colchón de 9 puntos de vantaxe sobre o descenso. O próximo domingo o Arenteiro xogará ás 20:00 horas co Sestao no seu estadio de "Las Llanas", e despóis xogará dous partidos seguidos en Espiñedo ante Cultural Leonesa e Osasuna Promesas.

Vídeo resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=wyqAFTMrZh4&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/01/28/arenteiro-espes...