En liberdade e con cargos os veciños do Carballiño involucrados na operación Pokémon

27, Setembro 2012

O matrimonio, que é titular dunha empresa que realiza traballos forestais, declarou durante 2 horas ante a Xuíza, que decretou a súa liberdade sen fianza, e cos cargos de suborno e tráfico de influencias.

Tras o seu arresto no Carballiño onde teñen o seu domicilio habitual, aínda que o home é veciño natural do municiipio do Piñor, chegaron ao xulgado en coches separados, tras pasar as últimas 24 horas en dependencias policiais.

A sociedade familiar que está sendo investigada no marco da operación Pokémon contra a corrupción, desenvolve a súa actividade en labores de desbroce, plantacións, movementos de terra e saneamento. Desde fai anos, ven realizando traballos a distintos concellos e outras entidades da adiminstracción pública, mediante a adxudicación de contratos.