A Entidade Local Menor de Berán recibe unha axuda da Deputación por importe de 200.000 euros para a "posta a punto do novo balneario"

18, Outubro 2021

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial, reunida esta mañá por via telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión dunha achega económica por importe de 200.000 euros para as actuacións que se precisan nas instalacións e con vistas á súa apertura, que acumula 14 anos de retraso, xa que nunca chegou a inaugurarse despóis de que fose rematado e tras unha inversión de algo máis de 2 millóns de euros por parte da Xunta.

Agora, a Deputación atende unha petición da Entidade Local de Berán, que é a propietaria das instalacións, para realizar obras de mellora tanto no equipamento como no edificio deste novo balneario de Berán. Desta maneira facilitaráse a súa apertura, xa que dende a Entidade aseguran que hai empresas interesadas na xestión do balneario para a súa explotacíon.