Entrenando as cabeciñas: un programa da Mancomunidade de Concellos para favorecer un envellecemento activo e saudable

30, Setembro 2019

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da terceira edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados "Entrenando as cabeciñas", que tiveron unha gran acollida durante as dúas edicións anteriores.

Trátase dunha actividade destinada a persoas maiores de 50 anos, moi importante para fomentar as capacidades cognitivas e fomentar un envellecemento activo e saudable.

Esta iniciativa será impartida polo Programa de Educación Familiar; e serán as 4 educadoras familiares que forman o equipo as que se desprazarán a cada un dos 5 concellos integrantes para traballar áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o cálculo, a atención e as funcións executivas.

A programación iniciarase no mes de outubro, co seguinte calendario:

BEARIZ,NA CASA DO CONCELLO, OS LUNS, de 10:00H a 11:00H

BOBORÁS, NO LOCAL SOCIAL ALMUZARA, OS MARTES, de 10:00H a 11:00H

O IRIXO, NA CASA DO CONCELLO, OS MARTES, de 10:00H a 11:00H

SAN AMARO, NA CASA DO CONCELLO, OS MÉRCORES, de 11:30H a 12:30H

PIÑOR, NO CENTRO SOCIAL DE ALBARONA, OS MÉRCORES, de 10:30 a 11:30H

A actividade dará comezo o 7 de outubro e, a pesar de que se fará un descanso por mor das datas do Nadal, está previsto continuar co seu desenvolvemento ata o mes de xullo, sempre e cando se manteña a demanda da actividade.

Toda persoa interesada en participar debe comunicalo no seu concello, onde formalizará a inscrición nesta actividade, totalmente gratuíta.