Entrevista Alberto Núñez-Patricia Torres: a alcaldesa solicita apoio da Xunta para diversos proxectos, entre eles a construcción dunha piscina

17, Decembro 2019

A alcaldesa de Boborás trasladoulle ao presidente da Xunta diversos proxectos para os que agarda o apoio da administración autonómica, para poder leválos a cabo, no trascurso dunha audiencia celebrada na sede da Presidencia da Xunta, en Santiago.

Entre eles, está a contrucción dunha piscina municipal, un proxecto comprometido pola agora alcaldesa durante a pasada campaña electoral, un proxecto para o que a rexedora tamén agarda a colaboración da Deputación de Ourense.

Patricia Torres avanzou en COPE O Carballiño que a ubicación deste novo equipamento será no entorno do colexio de Boborás, e tamén nesta mesma zona anunciou "temos a idea de promover a construcción dunha residencia de maiores, a través neste caso da  iniciativa privada", para o que está previsto acometer unha reforma puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal.

Tamén será precisa unha modificación no planeamento urbanístico nos terreos propiedade do concello sitos na localidade da Almuzara para outro dos proxectos nos que traballa o goberno municipal, a construcción de vivendas de promoción pública.