Enxeñería carballiñesa para a megaponte canadiense de Champlain

8, Agosto 2017

Esta noita pasada saiu do parque empresarial do Carballiño con rumbo ao porto de Vigo a primeira das vinte pezas que fabrica a empresa carballiñesa DIZMAR con destino a unha ponte internacional en Canadá.

Trátase da Ponte Champlain de Montreal, que está na ruta dun dos tramos con máis tráfico de Norteamérica, e que cruzan cada ano máis de 50 millóns de automóbiles, camións e autobuses.

A peza atópase neste intre na Cañiza á espera de partir pola noite cara ao porto de Vigo, onde será embarcada. Esta peza en concreto pesa 200 TM.

O contrato con DIZMAR foi conseguido pola empresa ubicada no parque empresarial do Carballiño gacias á experiencia que ten neste tipo de traballos, como o Viaducto do Ave de Catoira ou obras en Ghana, Finlandia, Escocia e Brasil, por citar algúns dos países para nos que ten realizado e realiza actualmente encargos esta empresa.

A Ponte Champlain, ademáis de ser utilizada polos residentes da rexión metropolitana para os seus desprazamentos cotiáns, o cruce no que se atopa é parte dunha conexión terrestre vital para o transporte de mercadorías entre Canadá e Estados Unidos. O aumento do tráfico combinado co dano causado polo sal e outros factores contribuiron ao considerable desgaste da estrutura. Por eso, en 2015, púxose en marcha un novo proxecto para construir a nova Ponte Champlain, cuxa finalización está prevista para decembro de 2018.

O proxecto inclúe a construcción da nova Ponte Champlain de 3,4 km; unha nova ponte de 470 metros para L´Îledes-Soeurs; a ampliación da autoestrada 15 entre o intercambio de Atwater e a nova ponte, e a mellora das rampas que conducen dende as estradas 132 e 10 na Costa Sur ata a ponte.

E tamén incorpora vixiancia ambiental e medidas de mitigación rigurosas para proteger o entorno natural circundante; a calidade arquitectónica e as características que realzarán a paisaxe urbana de Montreal e contribuirán ao estado do pasillo como a entrada principal á cidade; un corredor reservado para o transporte público e un sendeiro seguro e accesible de uso múltiple para peóns e ciclistas.