Escoita aquí o programa especial de verán dedicado ao concello de Carballedo "Arte e natureza desde a montaña á Ribeira Sacra"

26, Xullo 2024

O salón de actos da casa do concello de Carballedo, na localidade da Barrela, acolleu o programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño, que coincidíu neste 26 de xullo co dia festivo de carácter local neste municipio.

Precisamente da programación festiva destes días na Barrela falamos con Ismael González, unhas festas que se despiden nesta noite de venres cunha verbena a cargo da orquestra Charlestón Big Band, e a actuación estelar do artista galego “Ortiga”.

Con Raquel Vázquez, educadora familiar do concello do Carballiño, repasamos o verán neste concello de Carballedo, e avanzamos o que será o “FEST CLASICO RIBEIRA SACRA”, unha das propostas máis destacadas.

Silvia Vázquez, responsable da Aula Cemit, informounos de novas iniciativas que se poñen en marcha no ámbito dixital e para todas as idades.

E finalmente, con Patricia Aguiar, fixemos un percorrido pola natureza, o patrimonio cultural e arquitectónico, e os recursos turísticos cos que conta o concello de Carballedo.

Todo podes escoitálo no PODCCAST de COPE O Carballiño.