Espazo Común advirte "que o concello está a facer grandes inversións na Fábrica de Papel sen ter a propiedade rexistrada"

9, Xuño 2019

Os tres concelleiros que van formar o Grupo Municipal de Espazo Común no Carballiño, veñen de rexistrar un escrito no Concello poñendo á entidade municipal sobre aviso de que, a pesares das importantes inversións que se están a acometer nos térreos onde se atopa a coñecida como Fábrica de Papel, no Rexistro da Propiedade ainda aparece a nome dos anteriores propietarios, a família Otero, aseguran.

Este punto queda acreditado "coa Nota Simple que solicitamos con data onte venres 7 de xuño nunha consulta que calquer cidadán pode facer", subliñan.

Califican esta situación de " irregular e pode acarrexar no futuro diversos problemas xurídicos ou, incluso, a perda de subvencións invertidas nestes térreos"

Por iso foi posta en coñecemento do alcalde, aafirman , como  "máximo responsable nos últimos anos deste proxecto, coa intención de que sexa subsanada á maior celeridade posible e evitar así futuros prexuizos para o Concello".

Neste sentido, recordan, xa se conta con desagradables experiencias anteriores xuridicas en circunstancias semellantes que temos a obriga de tentar que non se repitan. Cabe lembrar por exemplo o conflito co Bispado de Ourense pola titularidade dos térreos do entorno da Veracruz que tivo a obra parada moitos meses.

"Asimesmo hai que recordar tamén que, ainda a día de hoxe, hai varias propiedades municipais das que é complexo demostrar a titularidade pola ausência de documentación que o acredite, como por exemplo o local sito na Praza de Juan Corral Pajariño", advirten.

No caso da Fábrica de Papel a situación xa é reincidente pois, despois dunha primeira rehabilitación, o Concello tivo que adoptar un acordo plenário para gastar 600.000 euros máis na súa adquisición que foron pagados en tres prazos de 200.000 euros. 

"Toda esta gran aposta económica por estas instalacións que, sen dúbida, revalorizarán esta zona e as parcelas colindantes, ten que quedar debidamente acreditada e legalizada ou pódemonos atopar pois cuns terreos nos que se invirta, como mínimo, un total de 800.000 € nos tres últimos anos, polo de agora, sen chegar a facer o sinxelo trámite de rexistralo a nome do Concello e atendendo a experiencias pasadas, semella que é algo que non pode nin debe agardar", conclúen dende Espazo Común.