Espazo Común cualifica de "desastrosa" a xestión que fixo o concello do Carballiño no temporal e propón a elaboración dun protocolo de emerxencias

26, Decembro 2019

"Tampouco foi en absoluto afortunada a atención posterior ofrecida aos afectados polos cortes de luz ou a caída de árbores", consideran dende esta formación política.

"Non é de recibo que no peor momento do temporal, o alcalde estivese a cear nunha coñecida pulpería no marco dunha entrega de premios", remarcan dende Espazo Común.

Tras analizar diversas circustancias na actuación dos gobernantes municipais durante o temporal da pasada fin de semana, anuncian que trasladarán ao próximo pleno da corporación municipal "unha proposta para que se estableza un protocolo que quede fixado para situacións como a vivida".

Para descargar o comunicado de Espazo Comun prema no arquivo adxunto: