Espazo Común insta ao concello de San Amaro para que traballe na mellora da cobertura de internet e telefonía móbil, moi deficiente na actualidade

8, Setembro 2020

Foron moitas as familias do San Amaro as que durante os meses de desconfinamento padeceron a lamentable cobertura de telefonía e internet que castiga a moitos puntos da nosa xeografía, afimran dende o grupo políitico de Espazo Común.

Veciños e veciñas que tiveron serios problemas para poder teletraballar e nenos e nenas que tamén o tiveron moi complicado para poder seguir o ritmo das clases en liña, aseguran.

Engaenden que "en pleno ano 2020 esta debera ser unha obriga para o alcalde e o seu equipo por un gran número de razóns: fixaría poboación, melloraría as condicións de traballo das empresas locais, garantiría unha mellor situación para as familias no caso de ter que afrontar un novo confinamento.
A inminencia do comezo do curso escolar e a situación de descontrol dos contaxios, con varios casos xa no noso Concello, fai extremadamente urxente que esta cuestión se convirta en prioritaria na axenda dos responsables municipais".

Por todo o antedito, Fausto Alén, voceiro de Espazo Común no San Amaro, solicitará mediante escrito no Concello que o alcalde se poña a traballar nun Plan que garanta unha cobertura de calidade en tódolos lugares tanto de móbil como de internet.