Espazo Común mostra o malestar polas filtracións do alcalde á prensa de "detalles específicos do orzamento" antes de que o borrador chegue á oposicion, "unha desfachatez decía Fumega cando él estaba na oposicion", manifestan.

15, Febreiro 2021

Espazo Común reproba o feito de que o alcalde do Carballiño filtrase a un xornal provincial un avance do proxecto de orzamento municipal para ete ano 2021 e para elo acuden á hemeróteca, cando afirman que "corría o ano 2012 no Carballiño, Argimiro Marnotes do PP era alcalde con maioría absoluta dende había un ano e avanzaban os meses sen ter novas sobre orzamentos para ese mesmo exercizo. Ata que un día de maio apareceron, sen previo aviso, numerosos detalles da proposta en varios medios de comunicación. O PSOE daquela na oposición, enterouse así das liñas xerais dun dos documentos máis importantes, se non o máis, para o funcionamento dun concello.A reacción de Fumega, daquela xefe da oposición non se fixo agardar e remitiu un comunicado atacando duramente a actitude de Marnotes", aseguran.

Continúa ESCO aseverando que "dicía no mesmo que por primeira vez en moitos anos, se daban a coñecer antes os orzamentos á prensa que á oposición, o que consideraba unha desfachatez e unha falla de respecto. Engadía que ven demostrando dende o principio do seu mandato que, polo feito de ter maioría absoluta, pensa que ten patente de corso para facer e desfacer ao seu antoxo e saltarse os cauces mínimos de normalidade insitucional”.

Relatan ademáis como "o comunicado remitido aos medios remataba criticando as tentativas do alcalde de subirse o soldo, as mentiras, os catro meses que leva sen respostar ás preguntas feitas pola oposición en pleno e, coma guinda, dous soldos para dous concelleiros do seu grupo que pagamos todos co encarecemento da contribución”. Os excompañeiros de Fumega daquéla no PSOE e agora en Espazo Común consideran que Fumega "é un exemplo demasiado evidente daquela máxima de fai o que eu digo pero non o que eu fago".

Todo este relato faise dende Espazo Común tras encontrarse no xornal "La Región" detalles específicos dos orzamentos para 2021, sen que a dia de hoxe teñan recibido ningún tipo de información ou adianto do borrador de orzamento elabarado polo grupo de goberno socialista. Despóis de acusar ao alcaldde de “cínico” e “dono dunha dobre moral que fai moito dano a este pobo”, cualifican de "lamentable o seu comportamento cos orzamentos, incumpre a súa propia palabra de facilitarnolos con 20 días de antelación para ter tempo de analizalos e poder así facer propostas".

Finalmente manifestan que "a suba de soldo do alcalde, das mentiras, dos 22 meses sen repostar ás preguntas en pleno e dos catro concelleiros con soldo pagados coa suba do IBI xa non fai falla nin falar. A crúa realidade é que hai máis mentiras en calquer frase ou acción de Fumega que en tódalas películas de Pinocho xuntas", remarcan.