A Estación do Irixo acollerá un complexo cultural, deportivo e turístico. Concello e Adif ultiman a cesión da propiedade por 25 anos.

16, Xullo 2020

O concello do Irixo promoverá a creación dun complexo cultural, deportivo e turístico na estación de ferrocarril, o convenio que regula a cesión por 25 anos por parte do Adif está tan so pendiente da súa sinatura.

A cesión inclúe tanto o edificio central da estación, como dúas naves e o vello apeadeiro de gando, asi como os terreos anexos, que suman unha superficie de 8.000 metros cadrados de extensión, que tamén conta cunha carballeira. O canon anual que pagará o concello do Irixo ten carácter simbólico e fíxase en 1200 euros anuais.

O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, salientou as grandes posibilidades que ofrece a propiedade ferroviaria "que nos permitirá poder ubicar distintos equipamentos e servizos, distintos proxectos que xa temos avanzados e nalgúnhos casos pendientes de conseguir financiación para poder levalos a cabo, e que darán servizo non so ao concello do Irixo, senón a toda a comarca, como esas aulas homologadas para a impartición de cursos que pretendemos ubicar nunha das naves existentes".

Non é o único proxecto que xa ten perfilado o rexedor municipal para desenvolver, asi tamén está prevista a creación dunha área de estacionamento de autocaravanas na explanada "onde ademáis hai unha carballeira que imos limpar e acondicionar, e que se presta como ideal para crear unha área de servizo para autocaravanistas, xa que moi próxima temos a luz, agua e saneamento".

No antigo apeadeiro de gando co que contaba esta estación de ferrocarril do Irixo, o alcade proxecta a creación dun "Centro de BTT", como os que xa existen noutras comarcas galegas, orientado ao turismo rural "nunha zona ideal para partir a facer rutas, como a nosa ruta dos castros", subliñou Cerdeira.

E xa finalmente, no edificio central da estación a idea é acondicionalo para acoller actividades do ámbito social e cultural "trátase dun edificio en pedra, que fai pouco tempo foi dotado de novo tellado, está en bó estado de conservación e ofrecénos moitas posiblidades", remarcou o alcalde do Irixo.