Este sábado 28 de decembro reapertura de "Maxims", a discoteca carballiñesa que marcou unha época, volve cunha oferta de ocio para todos os públicos
O Carballiño recupera para a súa oferta de ocio unha sala que foi todo un simbolo e e lugar de culto para varias xeneracións desde a súa apertura a principios da década dos anos oitenta do século pasado, aínda que con varias reformas posteriores que foi transformando e modernizando as súas instalacións orixinais.
Agora, tras unha nova "posta a punto" a nova xerencia de Maxims aposta por unha oferta variada adaptada aos tempos actuais e pensada para todos os públicos. Asi, a idea é ofrecer os venres sesións con música dos 80 e 90 e concertos en vivo, os sábados sesións para un público máis xoven con DJs e Festas "Remember", e para completar as fines de semana a intención e recuperar os míticos "domingos de Maxims", que marcara unha época tanto para miles de persoas do Carballño e O Ribeiro, como de máis alá.
A reapertura da que xa se anuncia como "a sala máis carismática de todos os tempos" será este sábado dia 28 de decembro, ademáis xa están a venda as entradas para a gran noite de "fin de ano", que poden adquirirse a través do Whatsapp 649 622 270 ou o propio dia na taquilla da discoteca.