A Exposición "A Paixón según Playmobil 2.0" incorpora figuras alusivas á feira e á tradición pulpeira do Carballiño

10, Marzo 2018

O Templo da Veracruz acolle ata o 1 de abril a maior exposición que se realizou nunca en Galicia con pezas de playmobil. Son máis de catro mil pezas as que conforman a mostra “A Paixón según Playmobil 2.0”, que pode visitarse calquera día en horario de mañá (10,00 a 13,30 h) e de tarde (17,00 a 19,30 h) no atrio da igrexa.

Esta exposición, promovida dentro do programa de Semana Santa pola Cofradía da Vera Cruz, obtivo un gran éxito o pasado ano, pero nesta ocasión está ampliada cunha enorme catedral gótica, un colexio e multitude de escenas novas, entre as que destacan as propias da tradición pulpeira do Carballiño, con postos de pulpeiras cocendo o pulpo e comensais degustando este produto tan consubstancial coa gastronomía carballiñesa.

Así mesmo, incorporáronse novos pasos procecionais, figuras urbanas e escenas propias da cultura galega como grupos de gaitas e oficios tradicionais.

Coa apertura desta mostra, comezan os actos de Semana Santa programados pola Cofradía da Vera Cruz, e que continuarán este domingo cunha conferencia no Asilo ás 20,30 h., a cargo do profesor e historiador Xabier Limia Gardón, falando do Lignum Crucis.