Fáiselle noite ao Arenteiro en Espiñedo ante o Arzúa, 0-2

3, Novembro 2019

Conforme avanzaba o partido ía escurecendo en Espiñedo e facéndose noite, e en sentido figurado esto mesmo é o que lle acontecía no fútbolistco ao Arenteiro, deixando que un moi efectivo Arzúa levase os tres puntos marcando un gol en cada tempo.

Viven os de Arzúa a súa mellor época futbolistica, por vez primeira na súa historia xogan en terceira división, con un presuposto modesto pero polo visto hoxe, chegaron dispostos a manterse na categoria, cun equipo peleón e non exento de talento en algún dos seus xogadores, como o exArenteiro Iker Hurtado, que hoxe non mollou pero que é o máximo goleador da terceira división con dez goles.

O partido desta tarde comezou con igualdade, non obstante o Arzúa tivo a fortuna de adiantarse no marcador aos 21 minutos, e asi conseguíu chegar ao descanso.

Antes e despóis, o Arenteiro buscou a portería do tamén exArenteiro Israel, pero sen fortuna, de feito o meta visitante non pasou por moitos apuros, e xa co tempo cumplido, os arzuáns sentenciaron definitivamente co 0-2.

Par ver a ficha do partido  sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614761&cod_acta=614761