Falece Alberto Paz Ameijeiras, exalcalde de San Amaro durante 14 anos

9, Febreiro 2021

Foi o primeiro alcalde da democracia do concello de San Amaro, exerceu a alcaldia neste municipio entre os anos 1977 e 1991, ven de falecer aos 86 anos de idade.

Durante a súa traxectoria política estivo vinculado á Unión de Centro Democrático, Coalición Galega e PSOE. De forma simbólica, pechou a candidatura "Xuntos por San Amaro" nas eleccións municipais de 2019, encabezada polo seu fillo Carlos Paz, actúal tenente alcalde e concelleiro de cultura de San Amaro.