Falece con Covid-19 o bearicense Florencio Gulias Barros, expresidente do Centro Galego de México

12, Agosto 2020

Faleceu en México DF vítima da Covid19 Florencio Gulias Barros, natural de Beariz desde onde emigrara sendo aínda un adolescente e a onde regresaba cada verán, alternando a súa estancia entre Beariz e O Carballiño.

O empresario bearicense presidíu o Centro Galego de México durante seis anos, entre 2014 a 2019. 

O concello de Beariz, por medio do seu alcalde Manuel Prado, expresou as súas condolencias ao coñecerse o pasamento do seu veciño, moi veinculado á vida social da localidade.