Falece o poeta Victor Campio, fillo predilecto do concello de Maside. O Sábado será homenaxeado na Festa da Palabra, na Insua dos Poetas

24, Xullo 2018

Nacido no pobo de Garabás, fai 90 anos, o poeta faleceu na mañá deste martes 24 de Xullo, tras pasar unhos dias ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense.

A Fundación "Insua dos Poetas" programara para este próximo sábadodia 28 de Xullo unha homenaxe a Victor Campio Pereira no marco da "X Festa da Palabra", unha homenaxe que se mantén "e que se fará agora aínda con moita máis emoción tras o seu pasamento", dixo nesta emisora de radio o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar.

Nesta homenaxe ao poeta masidao intervirán Victor Viñal, Alba Cid, Pablo Rubén Eiré e o propio Tosar. Como mantedor desta "X Festa da Palabra" actuará o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín.