Falece un octoxenario en Pazos de Arenteiro nun accidente co seu tractor

3, Setembro 2020

Un home de 82 anos faleceu a primeira hora da tarde deste xoves 3 de Setembro nun accidente co seu tractor no lugar de A Vila, na parroquia de Pazos de Arenteioro.

O tractor que conducía chocou primeiro contra un muro e despóis envorcou, provocando a morte do octoxenario.

Ata o lugar do accidente, o 112 mobilizou un operativo de emerxencias no que participaron os bombeiros do parque comarcal, efectivos do GES de Avión e Protección Civil de Boborás, asi como o persoal médico do 061 e un helicóptero medicalizado, aínda que xa nada poideron facer para salvar a vida da vítima.