Falece un veciño de Madarnás ó envorcar o tractor co que traballaba

6, Febreiro 2011

O accidente tivo lugar ás 12,30 do mediodia nunha finca, no lugar de O Pazo, na carballiñesa parroquia de Madarnás. O tractor co que traballaba Domingo Barja Fernández., de 55 anos de idade, envorcou. A victima quedou atrapada debaixo do vehículo e faleceu no mesmo lugar do sinistro. Era veciño desta mesma parroquia de Madarnás, no Concello do Carballiño.