A falla de acerto cara o gol condena ao Arenteiro ante o Xuventú Sanxenxo, 0-1.

13, Xaneiro 2013

Non mereceron os carballiñeses esta derrota ante o colider da categoria no primeiro partido do ano en Espiñedo e tamén primeiro partido da segunda volta da competición de liga na Preferente Autonómica.

C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Xurxo ( Escudero ), Dabarca, Tazos, Iago ( Gabriel ), Piñeiro, Dacosta ( Bardelás ), Kennedy, Martín e David Soares.

Comentario: O Club Xuventú de Sanxenxo presentouse en Espiñedo coa idea de levarse os 3 puntos, e por eso de saída fixoo cun plantexamento moi ofensivo, con 3 xogadores en punta de ataque, sen embargo foi o Arenteiro o que tivo varias ocasións para adiantarse no marcador ata que no último minuto da primeira parte o Sanxenxo logrou o seu gol a saída dun corner. Trala reanudación, os visitantes replegaron liñas e aguantaron o empuxe do Arenteiro, ao que a falla de acerto dos seus dianteiros impedíu alomenos lograr a igualada.