A falta de acerto nos últimos metros deixa sen premio ao Arenteiro en Barraña

19, Novembro 2017

Unha pena, porque por xogo e ocasións o Arenteiro non mereceu sair derrotado deste partido en Barraña, tan so a falta de definicion ante a portería local privou aos verdes de puntuar ante un Boiro que acabou pedindo a hora e co Arenteiro perdonando o empate.

Saíu o Arenteiro moi ben de inicio e incluso pudo adiantarse no marcador nesta primeira parte, os boirenses tan so tiveron unha única ocasión nun balón que se colaba pero Pachi enviou a córner.

Tralo paso por vestiarios, o Boiro entrou con moita forza no campo, reforzardo con Igor de Souza, que sería o autor dos dous goles locais, o primeiro apenas aos sete minutos. Pero para nada se descompuxo o Arenteiro, é máis, súas foron as mellores ocasións, como un man a man de Igor Sevivas co porteiro, no que éste evitou o empate.

Aínda con moito tempo por diante -a 25 minutos do final- o Boiro quédase con 10 xogadores no campo por doble cartón dun dos seus defensores, e no minuto 72 chega o empate co gol de Arce, de expléndido cabezazo.

Tal como ía o partido todo parecía indicar que o Arenteiro podía incluso gañar en Barraña, pero en apenas dous minutos a fortuna volvía sorrir ao Boiro, que a balón parado aproveitaba Igor de Souza para volver dar ventaxa aos locais.

Xa co tempo cumplido, outra xogada na que estaba claro que non era a tarde dos dianteiros do Arenteiro, primeiro Rubén Arce e logo Igor Sevivas, teñen nas súas botas o empate, pero o porteiro local -por dúas veces-  salva os 3 puntos para o Boiro.

Para ver a ficha do partido, preme no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...