As familias votan maioritariamente a favor da xornada única no Colexio Calvo Sotelo

10, Decembro 2018

A ANPA do Colexio da Uceira agarda que "con estos contundentes resultados a Consellería escoite ás familias do centro e leven a cabo as accións necesarias pra que se implante o ano que ven o horario foi elexido maioritariamente".

O 75% das familias que forman parte da comunidade educativa mostranse partidarios da xornada única, esta opción recibíu un total de 340 votos. O alumnado tería a súa entrada no colexio ás 9 da mañá e a saída ás 14 horas, tendo o servizo de comedor ata as 15 horas.

As familias partidarias de manter o horario actúal foron 54, case o 12% do total, con inicio da xornada escolar ás 10:15 horas.

E partidarias dun cámbeo horario, tan so 30 familias, apenas un 6% do total. Esta opción propoñía a entrada do alumnado ás 9 da mañá e a saída ás 15:30 horas, tendo o comedor de 13 a 14:30 horas.

A enquisa, organizada dende a dirección do centro, aclaraba que non tiña carácter vinculante, e que da mesma daráse conta á Consellería de Educación da Xunta de Galicia